O xacemento da Lanzada xa conta con paneis explicativos
Esta semana, no Campo da Lanzada, colocáronse paneis explicativos que nos contan a historia do xacemento e os achados da campaña de escavación que levamos a cabo o pasado verán. Tamén se colocou un valado para delimitar a área arqueolóxica na que se levou a cabo a intervención. Animámosvos a facer unha visita.
Os comentarios están pechados.