Saltar ao contido

Como se traballa coas mostras d´A Lanzada?

by o 2 Marzo 2011

A nosa compañeira lanzadeira Rebeca Tallón (LaPa – CSIC), estuda e analiza as mostras que se recolleron no Campo da Lanzada. Ela mesma nos explica os pasos que levou a cabo:

Ata agora levouse a cabo a preparación básica no laboratorio das mostras recollidas en campo para a súa almacenaxe e análise xeoquímica. Isto comprendeu:

  • A descritiva en laboratorio segundo a Guía para la descrición de Suelos (FAO, 1990), incluíndo a súa natureza granulométrica, estrutura, consistencia, plasticidade, carácteres sedimentarios e edáficos, así como cor en seco e en húmido (por comparación coa guía Standard Soil Color Chart, Munsell, 1976).
  • Peneirado das mostras, separando a fracción terra fina (<2mm) da fracción grosa (> 2mm). Esta última, formada por gravas, carbóns e restos vexetais, que se pesaron e etiquetaron tralo seu lavado, para o seu posterior estudo.
  • Coa fracción terra fina é ca que se está a traballar. Sobre ela, unha vez almacenada e etiquetada, realizaranse as analíticas físico-químicas coma: determinación da reacción do solo (pH), análise granulométrico, mineralóxico e composición elemental da fracción mineral.

Quedamos á espera dos resultados e conclusións destes estudos…

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: