Saltar ao contido

Inspeccionando o terreo

by o 16 Febreiro 2011

O 14 de febreiro, día dos namorados, o equipo lanzadeiro comezou o seu idilio co Castro, en Besomaño, Ribadumia. Cristina Cancela, Virginia Castro, Roberto Aboal (LaPa – CSIC), Rafael Martínez e a Brigada Nº6 (Excma. Deputación de Pontevedra) están a inspeccionar o terreo. Antes de escavar compre xeorreferenciar a área na que se vai intervir, ao igual que se fixo na Lanzada, primeiro se replantea unha malla de unidades de rexistro de 4 x 4 m, o que nos permitirá que tódalas estructuras e materiais localizados sexan xeorreferenciados coa estación total.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: