Saltar ao contido

A arqueoloxía non remata no campo

by o 11 Febreiro 2011

O traballo dos/as arqueólogos/as non se cingue unicamente ao campo, despois de meses de escavación e restauración, comeza un novo paso, unha nova fase do noso traballo e neso estiveron somerxidos os membros da Brigada Nº6 ata hoxe mesmo.

14.400 pezas cerámicas lavadas e sigladas, máis de 5.000 osos de animais limpos e empaquetados, listo todo para comezar a montar o crebacabezas e iniciar o interrogatorio.

Un mes e medio levou a xestión de todo o material recollido na Lanzada, o tempo xusto antes de voltar a mexer na terra, antes de voltar a ler ese libro escrito na terra, que a partires do luns día 14 de febreiro nos falará do Monte do Castro en Ribadumia; ¿comezará o día dos namorados un novo idilio arqueolóxico?

 

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: