Skip to content

Tecnoloxía 3D

by o 13 Xaneiro 2011

Neste vídeo presentanse o traballo de rexistro 3D que se levou a cabo na escavación arqueolóxica do 2010 do xacemento da Idade de Ferro de A Lanzada, situado en Noalla, concello de Sanxenxo, Pontevedra. Fíxose unha documentación xeométrica de gran detalle e precisión empregando un Láser Escáner Terrestre, unha tecnoloxía que permite obter unha base de datos de puntos 3D e imaxes coa que se pode representar o xacemento de multitude de formas: Modelos Dixitales do Terreo, curvas de nivel, superficies e mallas, etc. Obtívose unha completa base de datos topográfica que preserva dixitalmente este senlleiro xacemento galego.

Patricia Mañana Borrazás (LAPA, CSIC)

http://digital.csic.es/handle/10261/31204

Advertisements

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: