No castro de Vigo
Como antesala do Nadal alá fomos de xeira arqueolóxica a Brigada nº 6 ás saíñas romanas de Vigo, ao castro de Vigo e ao castro de Castrolandín (Cuntis, Pontevedra). Tres exemplos diferentes de xestión do Patrimonio arqueolóxico, tres iniciativas que serven para comparar as diferentes estratexias adoptadas no mantemento e divulgación de áreas arqueolóxicas. O castro de Vigo serve para coñecer os trocos acontecidos nun asentamento que se converteu nun auténtico oppidum no século II a. C. Pero hai máis. É o primeiro sitio arqueolóxico que acolle unha recreación do espazo doméstico castrexo en Galicia.
Os comentarios están pechados.