No castro de Castrolandín
O proxecto do castro de Vigo é un proxecto político financiado co plan E. Temos como resultado unha infraestrutura cultural con garda xurado e un valado que pecha a área visitable. Pola súa vez, o castro de Castrolandín é outra cousa. Un proxecto xurdido dende abaixo, dende a propia comunidade local que procurou asesoría para captar fondos europeos, facer un plano director a varios anos e garantir a súa preservación e xestión a partir da creación dunha Fundación, a fundación Terra Termarum Castrolandín. É un xacemento aberto a todos, con audioguías e información dabondo na páxina web oficial do proxecto e da fundación. Dous modelos diferentes.
Os comentarios están pechados.