Feliz Ano
Se vemos o gráfico de barras coa evolución das visitas ao presente blog atoparemos unha recreación metafórica das nove ondas d’A Lanzada, cos seus altibaixos. Comezamos con esta iniciativa o 23 de maio incluso antes de meter a piqueta na área arqueolóxica. Dende aquela até hoxe temos rexistradas 43.325 visitas. Unha cifra dabondo significativa para reflexionar obre a visibilización social dun proxecto e xestión integral do Patrimonio como o noso. Até o momento editamos 302 entradas e contamos cunha media de 200 visitas a un blog, non o esquezamos, escrito nunha lingua minorizada, sobre unha área e unha temática moi concretas. Grazas a todos vós abrimos un oco no panorama arqueolóxico da Rede. Feliz Aninovo a todos os que fixestes posible este proxecto. Sen os vosos clicks todo isto non tería sentido.
Os comentarios están pechados.