Cirurxía arqueolóxica
Aquí tedes á nosa restauradora Yolanda Porto disposta a intervir na unidade de Coidados Intensivos da cultura material asoellada nas escavacións do Campo d’A Lanzada. Agora que remataron os traballos de consolidación e restauración no xacemento, ela e Xan Santos teñen por diante un arduo traballo de tratamento dese tesouro formado por miles de anacos de historia, os cales tentaremos que cheguen a vós nos vindeiros meses.
Os comentarios están pechados.