A Lanzada 1989
Seguimos coa recuperación da memoria histórica da traxectoria arqueolóxica da área d’A Lanzada. A última intervención que tivo lugar foi no ano 1983. Dende aquela sucedéronse varias tentativas para retomar os traballos arqueolóxicos. Unha delas foi o proxecto presentado por Antonio de la Peña Santos en 1989, que recolle sinteticamente o coñecemento que daquela se tiña do xacemento, de aí o seu interese.
Fotografía: detalle dos traballos de escavación na última campaña desenvolta en 1983. Fotografía de Antonio de la Peña Santos.
Os comentarios están pechados.