En Vilanova de Arousa
O venres pasado pola mañá fixemos unha actividade centrada nas escavacións d’A Lanzada no colexio público Xulio Camba de Vilanova de Arousa no marco da Exper-i-ciencia promovida polo CSIC. Aínda que levamos tempo facendo cousas destas segue abraiándonos o poder que ten a Arqueoloxía na rapazada. Será o aquel do misterio. Doutra volta, estes nenos e nenas fan as preguntas intelixentes que nos han guíar nas escavacións, facendo fincapé en detalles importantes aos que previamente non prestaramos atención. Unha experiencia gratificante na que todos aprendemos de todos.
Os comentarios están pechados.