Ordem e Progresso
Unha parte do equipo se atopa hoxe n’A Coruña formándose na utilización do sistema de rexistro de información deseñado polos enxeñeiros do CARTOLAB. Trala realización do informe valorativo segue o traballo de sistematización básico para levar a cabo interpretacións detalladas que poñan orde a este aparente caos de unidades estratigráficas e números baldeiros. Todo isto permitirá acceder á lóxica social que se agocha tralo ordeamento espacial documentado na área escavada.
Os comentarios están pechados.