Arqueoloxía simétrica
Los paisajes y las cosas no se sientan simplemente en silencio esperando a materializar significados socialmente constituidos, sino que poseen sus materialidades y competencias, propias y únicas, y que llevan consigo en su convivencia con nosotros (B. Olsen 2007: 291)
Cómpre recoñecermos e termos en conta a materialidade da paisaxe protohistórica e, por extensión, das cousas. As paisaxes materializan redes de relacións entre persoas, cousas e animais. A nosa percepción desta complexa realidade necesita repensar o obxecto de estudo; os nosos relatos de reconstrución histórica deben reconsiderar os conceptos básicos que manexamos no noso achegamento ao mundo material e inmaterial, conceptos acuñados e reproducidos pola Modernidade. Neste senso, o rexistro arqueolóxico é a materialización das relacións sociais, unhas relacións simbióticas protagonizadas polos humanos e os non-humanos: os artefactos, as cousas, os animais e as paisaxes. As comunidades que viviron no Campo d’A Lanzada non só eran sociedades no mundo, senón que interactuaban co mundo, eran colectivos formados por individuos con cousas, algo que non debemos esquencer á hora de desenvolver unha investigación arqueolóxica.
Fotografía de Yolanda Porto: anaco de tégula romana con pisada dun animal, atopada nas escavacións d’A Lanzada, 2010.
Os comentarios están pechados.