Expolanzada
O outono vai traer novas sorpresas e non son cogumelos precisamente. O laboratorio de ideas do proxecto d’A Lanzada segue producindo. A empresa Ática Arqueoloxía está deseñando, coa colaboración de todo o equipo Deputación-CSIC, unha exposición sobre as escavacións arqueolóxicas na Telleira de Vilalonga. Un novo recurso didáctico que permitirá á xente adentrarse no túnel do tempo.
A exhibición contempla paneis expicativos, réplicas de artefactos, recreacións, fornece un percorrido atractivo polo interior desta antiga factoría cerámica e permitirá ver o traballo dos arqueólogos nun Laboratorio de cultura material. Coma no 1, 2 3 de Mayra Gómez Kemp, até aquí podemos ler.
Os comentarios están pechados.