Líticos
Esas cerámicas que nos remiten á época da emerxencia da paisaxe fortificada non son as únicas evidencias que nos permiten identificar unha antiga ocupación do Campo d’A Lanzada. Na imaxe tedes un muro tardorromano que reutiliza como material construtivo un muíño xiratorio e un bloque granítico con cazoletas. Todo fai supoñer que os habitantes da vila tardorromana amortizaron estes materiais líticos que se atoparían no mesmo solar como relictos de ocupacións precedentes. No proceso de escavación, tralo debuxo e rexistro minucioso, procedemos ao desmantelamento deste muro para seguir avanzando na exhumación dos niveis inferiores.
Os comentarios están pechados.