Homenaxe lanzadeira a Berlanga
Unha escavación arqueolóxica na que traballa moita xente pode chegar a converterse por momentos no camarote dos irmaos Marx ou nun plano secuencia de Berlanga. Este pequeno vídeo rescatado da escavación do verao serve tamén para, por unha banda, rachar os tópicos instalados na sociedade sobre o traballo arqueolóxico e por outra banda, exhibir a salsa do traballo de campo. O agarimo minucioso vai á par da contundencia necesaria nalgunhas ocasións. Unha risa.
Os comentarios están pechados.