Saltar ao contido

Made in Japan

by o 12 Novembro 2010

A Revista Municipal de Sanxenxo, no seu número do mes de novembro faise eco dunha visita que tivemos ocasión de acoller nas nosas escavacións d’A Lanzada no verán. Unha delegación de xornalistas nipóns especializados en turismo incluiu na súa xeira o Campo d’A Lanzada, convidados pola Cámara de Comercio de Vilagarcía. O coñecemento previo que tiñan da área arqueóloxica era abraiante, e coñecían publicacións en inglés dispoñibles na Rede, como os coñecidos artigos do noso compañeiro Alfredo González Ruibal. Quedamos impresionados cando nos preguntaron se había evidencias da presenza cartaxinesa nesta zona de Galicia. Esta experiencia amosa o interese duns especialistas que son quen de abrir novos mercados para o Turismo Cultural de Calidade.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: