Polstergate: 1981
As informacións fornecidas pola comunidade local inciden na idea de que o vello crego párroco, para explicar a aparición de ósos humanos nos anos 40, supoñía que se correspondían con corpos de afogados guindados á terra polo mar. Esa explicación non convenceu de todo a Filgueira e compañía, como é lóxico. Outras fontes recordan aos capataces que fixeron a estrada de Sanxenxo ao Grove xogar ao fútbol cunha caveira humana. Sexa como for, en 1949 tanto óso n’A Lanzada, xa cheiraba. Décadas despois de que se fixesen escavacións no camposanto galaicorromano, os mortos seguían erre que erre agromando aquí e acolá. Pero claro, eles estaban antes, como ben sabe a nosa compañeira a antropóloga física Olalla López. En 1981 unhas obras para edificar uns chalets volvían topar con estes teimudos galaicorromanos. Estas fotografías de Antonio de la Peña Santos son ben significativas ao respecto. O cranio que aparece na última fotografía xa fora removido por uns nenos de Noalla.
Os comentarios están pechados.