A Lanzada 1983
A intervención arqueolóxica de 1983, dirixida por Antonio de la Peña Santos permitiu documentar un enterramento en perfecto estado de conservación, correspondente a unha muller cristiá de 21 anos. O estudo arqueolóxico e antropolóxico publicouse no Pontevedra Arqueológica (vid. bibliografía). Tralo rexistro minucioso a construción dos chalets seguiu para adiante, malia a colaboración prestada polos promotores da obra. Habería que agardar 27 anos para que se retomasen os traballos arqueolóxicos de campo na área arqueolóxica d’A Lanzada.
Fotografías de Antonio de la Peña Santos.
Os comentarios están pechados.