Saltar ao contido

Xornadas de novos investigadores do Noroeste

by o 8 Novembro 2010

As novedades da nosa escavación arqueolóxica n’A Lanzada serán compartidas coa comunidade científica nas vindeiras Xornadas de Novos Investigadores do Noroeste: Arqueoloxía e Territorio a celebrarse na Facultade de Historia de Ourense os días 18 e 19 de novembro de 2010. Segundo a organización, estas xornadas son un encontro bianual que xurde no 2010 promovido polo Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo (LAUV), promocionado pola Asociación de Licenciados e Estudantes de Historia de Ourense (ALEHOU) e a Vicerreitoría de Investigación da Universidade de Vigo. Entidades que coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Facultade de Historia dan a posibilidade a novos investigadores de todo o mundo a presentar e publicar os seus traballos sobre o noroeste da Península Ibérica.

Nesta Xornadas, o xoves ás 18:00 o director das escavacións n’A Lanzada Rafael Rodríguez Martínez impartirá a ponencia: O sitio arqueolóxico da Lanzada: retrospectiva e novidades.

I Xornadas de novos investigadores do Noroeste

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: