Saltar ao contido

Voltamos a Noalla

by o 5 Novembro 2010

Si amigos, voltamos con novas charlas lanzadeiras a Noalla, neste tempo de outono que chama á cheminea, ao magosto, a recollerse nas casas. No noso caso iremos á Casa das Canteiras, pero esta vez será os mércores. Loxicamente temos competencia; as charlas serán ás 19:30 porque despois hai clases de baile e, para outros, partido de Champions League. Dos funerais, cabodanos e romarías a Fátima xan nin falamos, pero aínda nos van restar parroquia.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: