Saltar ao contido

Escavación irmá

by o 5 Novembro 2010

Un equipo do noso Laboratorio dirixido por Elías López-Romero está a rematar unha intervención de sondaxes arqueolóxicas no círculo lítico de Monte Lobeira en Vilagarcía de Arousa. Podedes seguir o día a día no blog A pedra do encanto.  Hoxe achegámonos até a estrema N do Salnés, camiño d’A Lanzada. O escenario é abraiante: unha penichaira con dúas mámoas, un círculo de pedras e vistas á ría de Arousa. Detrás, o impoñente Monte Lobeira. O excelente traballo do equipo está a solventar o misterio da cronoloxía e funcionalidade desta curiosa estrutura. Parabéns polo traballo e achegádevos ata alí, e a ver se tedes sorte e non vos cruzades co Papamóbil.

From → Xente lanzadeira

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: