Skip to content

De Lorean de Bois

by o 3 Novembro 2010

O proxecto d’A Lanzada 2010 serve de plataforma de proxeción doutras iniciativas culturais centradas no Patrimonio deste país. Nesta liña, presentámosvos un novo blog realizado polo noso compañeiro lanzadeiro Xosé Gago, autor da serie A Décima Onda publicada no Galicia Hoxe e no presente blog.

De Lorean de Bois. Trebello mecánico postmoderno, de tracción tradicional, que nos trasladará ao pasado da nosa terra.

Nova estación e nova serie. Deixamos A Lanzada e o verán atrás, mais mentres atravesamos a  outoniza Ulloa no De Lorean, se miramos polo retrovisor aínda vemos imaxes estivais. Chichís, a orquestra Superfama, os debates a pé de escavación, a Moura dos Tesouros, Don Cipriano, a Casa das Canteiras,Don Hipólito,…

Empezamos pois unha pequena serie, e como xa adiviñariades, A Ulloa vai ser o escenario, esa comarca da Galiza Central con tantas riquezas e tan esquecida. Iniciamos esta serie que estará inzada de castelos, de mercados de orixe medieval, gastronomía, petróglifos, pazos, etc.

http://deloreandebois.wordpress.com/

Fotografía de Soledad Felloza. Igrexa da Santa María de Marzá.

 

Advertisements

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: