Saltar ao contido

A vista de paxaro

by o 29 Outubro 2010

Gracias ao traballo dos nosos compañeiros Patricia Mañana e Pástor Fábrega xa contamos coas fotografías dixitais feitas dende aquel simpático globo hai unhas semanas. Xa coñecedes un pouco a área escavada. O que nos interesa é saber algo da contorna inmediata para contextualizar mellor os restos a escala microespacial, a nivel de asentamento. Comezamos no seu día polo subsolo, cunha prospeción magnética realizada por Carlos Otero, que poñía de manifesto a existenza de estruturas todo o arredor. Agora continuamos dende o ceo, cunhas fotografías aéreas que fornecen moitísima información. Fixádevos ben nesta fotografía. Podemos xogar un poco, a ver se identificades esas estruturas subterráneas que se intúen debaixo da terra e da area.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: