Información e Turismo
A proposta teórico-metodolóxica da xente de CARTOLAB identifica unha realidade que coñecemos ben na Arqueoloxía do noso país, como é a pésima comunicación e divulgación do coñecemento científico. A información xenerada por unha escavación arqueolóxica non serve de nada se acaba en papeis perdidos que ninguén le ou na cabeza do investigador de turno. Esta eiva é un clásico da Arqueoloxía galega e semella non importar a moitos profesionais que se gaban da súa excelente memoria como garante e preservación desa información que só eles detentan e coñecen. Para superar este condicionante fai falla ética e un rexistro rigoroso e detallado que forneza unha información que poida ser xestionada e transmitida. Este é un dos obxectivos do noso proxecto d’A Lanzada 2010. Por iso CARTOLAB leva a cabo connosco o proxecto Asistencia na xestión da información e maila súa difusión no marco das intervencións arqueolóxicas d’A Lanzada e Besomaño (Pontevedra).
Fotografía: presentación de CARTOLAB.
Os comentarios están pechados.