Saltar ao contido

gvSIX ArqueoPonte

by o 28 Outubro 2010

Pola súa vez, o equipo de escavación recibe un curso de formación da man de enxeñeiros do CARTOLAB, Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade d’A Coruña. Este grupo de traballo apréndenos a utilización da aplicación gvSIG, un programa de xestión de datos espaciais innovador e moi útil para o procesado de dados en Arqueoloxía. Esta aplicación é hoxendía o SIX libre máis relevante do mercado. Vén sendo unha aplicación de escritorio deseñada para capturar, almacenar, manipular, analisar e desplegar en todas as súas formas, a información xeograficamente referenciada coa finalidade de resolver problemas complexos de planificación e xestión. Caracterízase por dispoñer dunha interface amigable, sendo quen de acceder aos formatos máis comúns, tanto vectoriais como ráster e conta cun amplo número de ferramentas para traballar con información de natureza xeográfica (ferramentas de consulta, creación de mapas, xeoprocesamento, redes, etc…) que o converten nunha ferramenta ideal para usuarios que traballen coa compoñente territorial. Toda a información xenerada na nosa escavación será introducida nesta aplicación que mudará notablemente a xestión, presentación e difusión do rexistro arqueolóxico, como veredes no presente blog.

http://cartolab.udc.es/

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: