Equipo A
Hai veces que maxino a Rafael Rodríguez, o director de A Lanzada 2010, coma o xefe do Equipo A dicindo enchido aquilo de Me encanta que los planes salgan bien. Ver coma o proxecto flúe coma unha cadea engraxada. Por unha banda, a brigada nº 6 reforzouse coa chegada dun novo restaurador, Xan Santos, con experiencia en restauración de castros como Zoñán, Castrolandín, Borneiro e Neixón. O excelente tempo co que contamos e o ritmo de traballo permiten avanzar notablemente nas tarefas de consolidación.
Os comentarios están pechados.