Saltar ao contido

De plano

by o 28 Outubro 2010

Os enxeñeiros de CARTOLAB fixeron unha maxistral presentación sobre a aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica e nos transmitiron unha filosofía de traballo que se pode resumir no seguinte paragrafo lapidario: O que non se define, non se pode medir. O que non se mide non se pode mellorar. O que non se mellora, se degrada sempre. Unha verdade coma un templo se aplicamos esta reflexión ao eido da restauración e consolidación de restos arqueolóxicos. É por iso que procuramos unha representación gráfica da área escavada o máis exacta posible. Velaquí tedes, recén saída do forno, a planimetría realizada co scáner 3D con curvas de nivel cunha equidistancia de 5 cm da área escavada por nós no Campo d’A Lanzada.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: