Arqueoloxía da Arquitectura
Esta tecnoloxía vén sendo utilizada no Laboratorio de Patrimonio sobre todo en proxectos de Arqueoloxía da Arquitectura, da man das nosas compañeiras Patricia Mañana, Sonia García e Rebeca Blanco. Aquí podedes ver unha imaxe da área escavada tralo tratamento dos datos recopilados en campo polo escáner 3D. Patricia está a desenvolver un excelente traballo que fornece ferramentas moi útiles para o noso traballo de investigación, restauración e divulgación.
Os comentarios están pechados.