Skip to content

Ahora te veo, ahora no te veo

by o 26 Outubro 2010

Non, non é unha trincheira da guerra civil española. É un exemplo dos traballos de restauración no Campo d’A Lanzada. Tedes que ver que moitas das estruturas se atopan erguidas sobre sedimento e area de duna móbil, a unha profundidade notable. Trala súa escavación, os problemas de preservación son inxentes. Velaí a necesidade dun rexistro rigoroso e completo desta arquitectura  entre a escavación e a consolidación, xa que nunca os muros voltarán ser tal como nos apareceron. Son os custes da exposición ao ar libre.

Noutros casos, as estruturas asoelladas son de novo soterradas, como acontece coas piletas ou balsas de decantación que tanto deron xa que falar por aí adiante. Unha razón máis para rexistrar con detalle estas estruturas: debuxos e fotografías serviránnos tamén para continuar coas tarefas de divulgación e difusión. Un reto dos arqueólogos e dos guías e intérpretes do Patrimonio é facer ver á xente onde non se vei, coma os bruxos africanos. Modelar unha ollada arqueolóxica, aí é nada.

Advertisements

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: