The Champions
Pero o traballo de campo segue. Isto é o que fai deste proxecto unha experiencia integral e integrada, na que a divulgación, a difusión, a comunicación e o traballo de campo se entrelazan como os acios nas viñas. Doutra volta, estamos a ter un tempo magnífico, o que permite á Brigada nº 6 avanzar nos labores de restauración, unha tarefa na que, novamente, destacan con luz propia, agarimando esas estruturas que tanto tempo nos levaron exhumar. Como na apertura dos partidos da Champions League, onde rapaces e rapazas abanean unha lona, aquí temos aos campións do Patrimonio do Salnés.
Os comentarios están pechados.