Exaltación da arte rupestre
Buenaventura Aparicio Casado, membro do presente proxecto de A Lanzada 2010, impartiu unha simpática ponencia nas I Xornadas de Arte rupestre e Turismo este pasado xoves en Pontevedra. Na súa charla amosou o que se fixo nas xornadas de exaltación da arte rupestre en Tourón (Pontecaldelas), unha encomiable iniciativa que pode servir de modelo para proxectos que, coma o noso, procuran a implicación da comunidade local na xestión dos xacementos arqueolóxicos.
Os comentarios están pechados.