Saltar ao contido

Banquetes lanzadeiros

by o 25 Outubro 2010

O venres pasado no pontevedrés Café Moderno o noso compañeiro Xosé Lois Armada Pita (LAPA, CSIC) aportou novas chaves para comprender a comensalidade e o banquete ritual nas comunidades da Idade do Ferro do NW. Este tema de investigación é moi importante para profundizar nalgúns aspectos do rexistro arqueolóxico asoellado na Lanzada. Nesta liña temos a sorte tamén de contar con Iria Fernández Blancafort, da Universitat Pompeu Fabra. As aportacións destes investigadores galegos enriquecerán a nosa visión da área arqueolóxica d’A Lanzada.

Tedes aquí unha entrevista no Diario de Pontevedra a Xosé Lois co gallo da súa conferencia no ciclo de charlas do Moderno.

Lois Armada- entrevista Diario Pontevedra

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: