Vindeira charla no Café Moderno
Adolfo Fernández (Xunqueira de Ambía, Ourense 1979) é licenciado en Historia pola Universidade de Vigo, arqueólogo-ceramólogo especialista en economía e comercio de época romana. Membro do Labortatorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo (LAUV), ten participado en diversos proxectos de investigación, entre eles, o de Escavación e Musealización da villa romana de Toralla (Vigo). Na actualidade, é bolseiro de posgrao da Fundación Pedro Barrié de la Maza no Centre Camille Jullian-CNRS de Aix-en-Provence (Francia). Adolfo impartirá unha charla no Café Moderno de Pontevedra este venres ás 20:00 horas sobre o comercio tardorromano no NW (ss. III-VI d.C), momento descoñecido e convulso no resto do Imperio Romano pero que a través dos materiais cerámicos que chegan á Gallaecia vemos como esta zona se atopa de cheo inserida nos circuítos comerciais de longa distancia. Nomeadamente a través dos materiais que teñen ido aparecendo en Vigo ou en Braga nos últimos anos, sabemos que o NW da Península Ibérica comerciaba con puntos lonxanos do Imperio, aparecendo cerámicas norteafricanas (dende Exipto até Marrocos), cerámicas chipriotas, palestinianas ou gregas, ademáis de producións do centro da Península.
Fotografía: anaco de prato procedente de Túnez (ss. VI-VII d. C.) atopado nas nosas escavacións n’A Lanzada. (Fotografía de Yolanda Porto).
Os comentarios están pechados.