O século XIV
Moi boa a charla lanzadeira de Carlos Valle de onte na Casa das Canteiras. O director do Museo de Pontevedra está vencellado dende a súa adolescencia coa Lanzada e a parroquia de Noalla cando sendo alumno do Instituto participaba como colaborador nas escavacións arqueolóxicas. Especialista en Historia da Arte galega, amosounos unha síntese maxistral da arte románica na bisbarra do Salnés. Neste contexto, defende unha hipótese suxerente sobre a ermida da Nosa Señora d’A Lanzada: dende o punto de vista estilístico e construtivo exiten evidencias dabondo para defender unha cronoloxía baixomedieval deste edificio. O continuismo da tendencia estilística precedente foi algo común en Galicia no contexto de crise económica do século XIV, cando grandes proxectos como a catedral gótica de Compostela for paralizados de sotaque.
Os comentarios están pechados.