Skip to content

Arqueoloxía ao detalle

by o 1 Outubro 2010

Esta semana e a que vén a Brigada nº 6 adicouse e adicarase a rematar pequenos detalles pendentes da escavación desenvolta nestes últimos meses, detalles nimios que van ser chave para a interpretación que fagamos desta área arqueolóxica. A verdade é que o panorama fornecido pola escavación é abraiante, cunha arquitectura monumental que se empeña en gardar os seus misterios, como poden ser a súa función e adscrición cronolóxica. Así por exemplo, esta pequena asa de ánfora tardopúnica do século II a. C. atopada no nivel basal do interior da grande cabana (o edifico H de Filgueira Valverde) pode ter máis importancia que kilos e kilos de material cerámico. Ou esa estrutura a xeito de pileta conservada milagrosamente nun curruncho que pode ser vital para resolver o enigma.

Advertisements

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: