Saltar ao contido

Tecnociencia e democracia

by o 29 Setembro 2010

O manexo do scáner 3D foi unha das actividades interactivas levadas a cabo na Noite dos investigadores polo noso Laboratorio. Este obradoiro estivo monitorizado por Patricia Mañana. Nas fotografias vedes dous nenos escaneando unha caracola procedente do concheiro do castro de Montealegre (Moaña, Pontevedra). A priori podemos ter a imaxe dun saber técnico hiperespecializado, produto do avance tecnolóxico acelerado que caracteriza o inicio do século XXI. Pois resulta que non. Estes rapaces criados na Rede social 2.0 manexaban o software con total habilidade aos cinco minutos de poñerse a fedellar co trebello 3D. Esta realidade debe facernos reflexionar sobre as actitudes tecnocientíficas manexadas polos especialistas e os xestores da administración. A sociedade, e a xuventude, van moi por diante dos debates bizantinos desactualizados sobre conservación e divulgación do Patrimonio. Por unha banda, supostos especialistas da Industria Cultural venden ou vendemos como produto altamente especializado algo que pode facer un rapaz de Primaria. Por outro banda, as novas xeracións están máis que preparadas para un contacto físico e virtual coa materialización do pasado. Non decatarse disto leva ao fracaso da meirande parte dos centros arqueolóxicos e dispositivos culturais deste país, un fracaso que vén dado por esa actitude nefasta que minusvalora ao cidadán minimizando o seu interese, a súa curiosidade e a súa habilidade para experimentar por si mesmo un Patrimonio que outros (os especialistas) nos preocupamos por secuestrar, dosificar e manipular.

From → O proxecto, Obxectos

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: