Saltar ao contido

A Lanzada 3D

by o 29 Setembro 2010

As nosas compañeiras Patricia Mañana e Sonia García (LAPA, CSIC) están esta semana escaneando en 3D as estruturas arquitectónicas documentadas na nosa escavación arqueolóxica do Campo d’A Lanzada. Esta tecnoloxía tamén se emprega na dixitalización de obxectos, superando o clásico debuxo arqueolóxico ao que estamos acostumados. Por suposto, ambos os dous sistemas de representación da realidade son totalmente compatibles, se ben as tres dimensións son outro mundo que permite xogar cos obxectos do pasado, rexistrar con todo detalle o seu estado de preservación, as alteracións, as texturas, etc… Aquí tedes unhas capturas de pantalla do traballo realizado co enmangue de óso decorado atopado ao inicio desta campaña 2010. Gracias Patri!

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: