Tesouros novos e vellos
Unha moura de cabelos dourados, como manda a tradición, é a encargada de preservar os tesouros do Campo d’A Lanzada. A nosa restauradora Yolanda Porto fai revivir anacos, obxectos e restos esmiuzados nun longo e coidadoso traballo que xa está a fornecer os seus primeiros resultados. Agora, Yolanda sistematiza e selecciona fotografías de detalle realizadas en laboratorio para a elaboración do informe valorativo. Paseniñamente, guiados por Yolanda, iremos expoñendo neste blog os tesouros novos e vellos do Campo d’A Lanzada.
Os comentarios están pechados.