Escornándonos
Pois si amigos e amigas, estamos nesa fase na que un amplo grupo de compañeiros nos estamos escornando co xacemento d’A Lanzada: Virginia Castro, Cristina Cancela, Rafael Rodríguez, Roberto Aboal, Martina González, Sonia García, Yolanda Porto, Nue Costa, Cruz Ferro, Patricia Mañana, Xurxo Ayán… Este traballo de síntese que estamos a facer estes días servirá, entre outras moitas cousas, para que vos vaiamos guindando neste blog os primeiros resultados provisionais cun pouquiño de fundamento, como diría Arguiñano.
Fotografías: restos de cornos atopados nas nosas escavacións no Campo d’A Lanzada.
Os comentarios están pechados.