DSXX!
Unha reportaxe sobre as nosas escavacións n’A Lanzada sae na Revista Municipal de Sanxenxo deste mes. Aproveitando a foto da portada queremos agradecer a Wajari Fernández (o do sombreiro da esquerda) a súa colaboración no proxecto. Este arqueólogo galaicovenezolano é compañeiro noso no LAPA (CSIC) onde traballa como bolseiro da AECID. Pola súa vez, Carmen Alarcón (a rapaza da coleta) traballou a tope durante o mes de agosto como bolseira JAE de introdución á investigación. Finalmente, a superprofesional Cristina Cancela (primeiro plano) deixou a súa espalda na escavación, por animaliña. Gracias aos tres.
Os comentarios están pechados.