Skip to content

A Lanzada no Laboratorio

by o 21 Setembro 2010

A pesar de estarmos no ano 2010 e ser supercientíficos, o ritmo do proxecto d’A Lanzada vén marcado… pola vendima. Esta semana a Brigada nº 6 ten outros quefaceres, probablemente máis proveitosos, nas terras vizosas do Salnés. Pola súa banda o equipo multidisciplinar aproveita esta semana para elaborar informes, poñer un pouco de orde en toda a inxente información xenerada e comezar a sistematización de mostras e materiais.  Velaquí tedes ás edafólogas Cruz e Rebeca recibindo mostras no laboratorio, coa mítica táboa Munsell na man. Nesta táboa cromática a cor defínese a partir de tres parámetros: matiz, brillo e croma. A cor ten importancia á hora de describir perfís, xa que adoita ir asociada a fenómenos químicos vencellados, por exemplo,  con fenómenos de hidratación e oxidación do ferro.

Advertisements

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: