Saltar ao contido

A Lanzada na noite dos investigadores

by o 21 Setembro 2010

A nosa compañeira Martina González está a traballar xa nos preparativos que van levar  a nosa escavación d’A Lanzada á Noite dos investigadores deste venres 24 de setembro en Santiago de Compostela, evento que se celebra ao mesmo tempo noutras 150 cidades europeas máis. Esta feira da Ciencia, organizada pola Delegación Institucional do CSIC en Galicia, abranguerá diferentes obradoiros abertos ao público. Os coñecementos científicos serán achegados por persoal científico técnico da Misión Biolóxica de Galicia, o Instituto Galego de Estudios Padre Sarmiento e do Instituto de Investigacións Mariñas, que amosarán o traballo de investigación que desenvolven nos campos da agricultura, a arqueoloxía e o medio mariño, respectivamente. Dende o Laboratorio de Patrimonio ofertaremos un amplo conxunto de actividades, entre as que non pode faltar un obradoiro específico sobre a escavación d’A Lanzada. Seguiremos informando.

O evento levarase a cabo no IES Rosalía de Castro entre a 18:00 e 22:00h do venres 24 de setembro, en Santiago de Compostela.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: