Saltar ao contido

As edafos

by o 14 Setembro 2010

O mundo vencellado coa Arqueoloxía está cheo de especialistas de diferentes disciplinas, cada unha cos seus ritos, os seus métodos de traballo e as súas inquedanzas científicas. Non adoita ser común no noso país a interdiscipinariedade. No proxecto d’A Lanzada temos a sorte de contar cun equipo de especialistas en edafoloxía dirixidos polo catedrático Antonio Cortizas (USC), un sabio que coñece o devalar do chan galego dende as turbeiras d’O Xistral até os solos do santuario da arte rupestre de Campolameiro. As nosas compañeiras Manuela, Cruz e Rebeca están a extraer mostras dese palimpsesto antrópico e natural que é a estratigrafía documentada na nosa escavación. Para comezar, esta mañá temos aprendido unha grande cantidade de cuestións sobre materia orgánica, dinámicas dunares e mil cousas máis. Paseniñamente iremos infomando destes achados e dos resultados dunhas analíticas que levarán o seu tempo.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: