Saltar ao contido

A canica

by o 14 Setembro 2010

Comos sabedes,  a nosa escavación emprázase no campo onde se espallaban tendas, alboios e atracións da Romaría d’A Lanzada. Temos sacado dende bonecas de porcelana, até bombillas de coches de choque, pasando por xoguetes e canicas. Pero o que atopamos hoxe non é unha canica como esas coas que xogabamos de pequenos. É toda unha conta oculada de pasta vítrea comercializada por mercaderes mediterráneos nas costas do NW e cunha cronoloxía entre os séculos VI a. C. e IV a. C. Apareceunos na base dun concheiro, sobre un pavimento exterior á grande cabana que vertebra todo o espazo doméstico e produtivo que estamos a escavar.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: