Cando che agarra a morriña
O señor Touriño leva máis de cincuenta anos na Arxentina pero procura vir cada verán á súa Noalla natal. Armado coa súa cámara fotográfica gosta de ver recuperado o Campo d’A Lanzada. A súa conversa no xacemento co señor Vidal resulta impagable:
Marchamos nos 50 sete mozos xuntos de Noalla, pero primeiro fomos a Paraguai, que disque había moito traballo na construción. Pero que va! despois de dúas semanas víase que aquilo non iba para arriba e decidimos voltar a Buenos Aires, eu xa estivera alá antes. Tivemos que facer un apaño coa Embaixada de moito carano. Sempre estivemos en Buenos Aires no barrio de Belgrano. A miña vida está alá, pero non esquezo. Moito teño vido de pequeno aquí, rubindo polo castillo enriba a ver se había niños de paxaros, a cazar coellos, que era a terra deles, sobre todo saían dos tobos á tardiña cando se poñía o sol. O campo d’A Lanzada estaba cheo de rapaciños fedellando, era o monte noso. O peor alá, en Mi Buenos Aires querido é cando che agarra a morriña. Estoulle moi agradecido a Vidal o sancristán e a don Leonardo, porque sempre que viña de Arxentina abríanme a capela da Nosa Señora, que son moi devoto dela. Cando che agarra a morriña, amigo, chórase moito na emigración, aínda que pasen os anos.
Os comentarios están pechados.