Saltar ao contido

Balea lanzadeira

by o 13 Setembro 2010

Nalgúns castros da costa do NW da Península Ibérica téñense atopado restos óseos de balea. Na nosa escavación do Campo d’A Lanzada xa levamos uns cantos ósos deste cetáceo, nomeadamente vértebras, algunhas delas traballadas a posteriori. Posiblemente era bastante común a aparición de baleas varadas nas praias adxacentes de Foxos e Areas Gordas, como aconteceu atá hai ben pouco. Aquí podedes ver o esqueleto dunha destas baleas no interior d’A Telleira en Vilalonga. Na segunda foto podedes ver a Anxo, o fillo da nosa compañiera Rosa, amosando un óso de balea atopado na nosa escavación a semana pasada.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: