Saltar ao contido

A Lanzada en culturagalega.org

by o 13 Setembro 2010

O portal de divulgación do Consello da Cultura Galega leva a cabo dende hai anos un gran labor de difusión sobre os proxectos arqueolóxicos desenvoltos no noso país. Desta volta, iniciaron a serie O mundo baixo o chan onde dan boa conta dos resultados provisionais das principais escavacións arqueolóxicas que tiveron lugar en Galicia durante os meses de verán. Por suposto, A Lanzada non podía faltar:

A Lanzada: os preves castrexos

O equipo da Deputación de Pontevedra e do Laboratorio de Patrimonio do CSIC comezou a recuperar as escavacións da Lanzada, que en diferentes etapas desde o franquismo tivo intervencións. O primeiro traballo dirixido por Rafael Rodríguez, o arqueólogo da Deputación, foi clarificar a cronoloxía do xacemento, no que aparecen superpostas e separadas por capas de area restos do Ferro Inicial, da Segunda Idade do Ferro e instalacións industriais romanas. A Lanzada, debido a ser un xacemento soterrado na area, está a permtir aos arqueólogos numeroso material orgánico, que é clave para comprender a alimentación dos seus habitantes, pero tamén para localizar útiles en óso, así como interesantísimas mostras cerámicas que conectan este xaceemento con todo o Mediterráneo, mesmo as áreas máis distantes, como Palestina.

A sorpresa desta escavación chegou, con todo, case ao final da campaña. Nun estremo da escavación, apareceu un estraño edificio con muros concéntricos. Por baixo del apareceron unhas pías que descendían escalonadamente. A consulta con especialistas en alimentación romana desvelou algo sorprendente: era unha factoría de liquamen, unha sorte de garum, o prebe que empregaban os romanos en moitas das súas comidas. Pero a cuestión é que a factoría non era de época romana, senón anterior, é de estilo completamente castrexo, o cal é algo totalmente inusual. Os arqueólogos aínda están clarificando a estrutura e saberemos máis dentro duns días.

From → Nos medios

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: