Castrolandín n’A Lanzada
Na charla lanzadeira de onte, o noso compañeiro Carlos Otero Vilariño (LAPA, CSIC) presentou un balance do proxecto de Arqueoloxía social desenvolto polo noso Laboratorio en Castrolandín (Cuntis, Pontevedra) dende o ano 2000 en colaboración coa Fundación Terra Termarum. Un bo exemplo a ter en conta para a xestión do xacemento arqueolóxico do Campo d’A Lanzada nos vindeiros anos, un traballo colectivo no que debe ter un peso importante a comunidade local.
Podedes ver todo o traballo desenvolto no castro de Castrolandín en http://www.castrolandin.es/
Os comentarios están pechados.