Saltar ao contido

A memoria da terra

by o 10 Setembro 2010

Onte foi un día completo, con grandes achados, unhas cantas visitas, nenos escavando e especialistas fornecendo o seu saber. Aquí tedes ás nosas compañeiras Manuela e Rebeca, investigadoras do noso Laboratorio encargadas da sistematización das mostras que imos mandar analisar, sobre todo aquelas vencelladas cos sedimentos e os solos. Estas análises edafolóxicas fornecerán moita información sobre as estruturas arqueolóxicas que atopamos, a secuencia estratigráfica, os cambios na ocupación do xacemento d’A Lanzada, etc… Porque a terra, como as persoas, ten memoria.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: